O Alcalde preside a toma de posesión de dous novos policías locais

O Alcalde,  José López Orozco, presidiu hoxe a toma de posesión de dous novos axentes, que se incorporan ó plantel da Policía Local de Lugo en comisión de servizo

Luns, 23 de febreiro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Os dous axentes, que tomaron posesión esta mañá na Casa do Concello, pasarán a traballar nos turnos rotatorios na Policía de Barrio. Un deles incorpórase esta mesma noite e o outro faráo o mércores, dacordo cos respectivos turnos dos que pasan a formar parte.

Estes axentes incorpóranse en comisión de servizo por un ano, prorrogable por outro ano máis se se estima oportuno, á Policía Local de Lugo procedentes de Viveiro e de Sarria.

Na actualidade, o plantel da Policía Local está composto por 122 persoas, entre axentes e mandos, e no pasado ano xubiláronse 4 axentes coa conseguinte merma de efectivos.

Noticias relacionadas