A mesa de transporte público avanza de cara á implantación das novas liñas

Rubén Arroxo: “para a confección das novas liñas contamos con máis de 1000 propostas da veciñanza”

Dende a área de Mobilidade e Infraestruturas contan con que as novas liñas estén activas antes do verán

Luns, 17 de febreiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A mesa de transporte público avanza de cara á implantación das novas liñas

No día de hoxe realizouse unha nova xuntanza da Mesa de Transporte, na que se traballou de cara á implantación definitiva das novas liñas. Segundo indicou o concelleiro de Infraestruturas, Rubén Arroxo, “para a confección das novas liñas contamos con  máis de 1000 propostas da veciñanza”. Segundo indicou Arroxo, “dende a área de mobilidade levarase a cabo unha campaña previa á implantación para presentar as modificacións ás veciñas e veciños”.

“Aumentamos a frecuencia das conexións dos distintos puntos da cidade”, indicou Rubén Arroxo ao respecto das modificacións, que contemplan unha conexión cada 10 minutos entre as zonas norte e sur da cidade, o reforzo das conexións do HULA cos barrios, entre os que destacan a conexión do hospital con Fontiñas, a zona sur da cidade e a avenida das Américas, que co modelo actual non teñen transporte directo.

“As novas liñas mellorarán as conexións dos polígonos do Ceao e das Gándaras, e conectarán o barrio de Fontiñas con estes”, indicou Rubén Arroxo, que engadiu “As frecuencias que actualmente son dunha hora, como nos barrios da Ponte, a Cheda ou a Abella, pasarán a ser de 30 minutos”.

Audio

  • O edil Rubén Arroxo, sobre á implantación das novas liñas | Descargar mp3

Multimedia

  • A mesa de transporte público avanza de cara á implantación das novas liñas

Noticias relacionadas