As tarefas, que teñen un custo de 7.555 euros, se executarán estes días nas dotacións municipais dos sendeiros de Ombreiro, do Río Miño e dos Muíños.

En total, empregaranse 1.576 m. de rede de triplo torsión galvanizada que se fixarán á superficie dos paseos peonís para evitar posibles escorregamentos e caídas derivadas da presenza de follas ou de humidade sobre a tarima.
O edil Álvaro Santos supervisaba hoxe a súa colocación que se desenvolverá, se as condicións climatolóxicas así o permiten, durante os vindeiros días.
“As tarefas, que teñen un custo de 7.555 euros, obedecen á necesidade de repoñer as dotacións actuais, xa moi deterioradas polo paso do tempo e pola afluencia de viandantes que frecuentan estes itinerarios. Executaranse nas pontellas municipais da ruta de Ombreiro ao completo; na ponte que hai antes de chegar á Estación Depuradora de Augas, no sendeiro do Río Miño; e tamén no roteiro de Os Muíños, ata chegar ao Muíño de Abelleira, xa que o resto do tramo é de titularidade autonómica”, explicou o concelleiro.
Santos Ramos sinalou, igualmente, que a intervención, que rematará previsiblemente a finais da vindeira semana, forma parte dos labores de conservación e mantemento que Medio Ambiente realiza de forma ordinaria, durante todo o ano, dende o servizo de Parques e Xardíns.
Audio
- O edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos, sobre a substitución das mallas, nas pasarelas de madeira | Descargar mp3