Máis de 2.000 ciclistas participan no Día da Bicicleta en Lugo

Lara Méndez e Miguel Fernández saudaron este domingo aos participantes neste evento, que partiron dende a Praza Maior, realizando un percorrido íntegro polo centro da cidade de 6,5 quilómetros

Domingo, 22 de outubro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
221017 Día da Bicileta

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, saudaron esta domingo aos participantes no Día da Bicicleta, no que tomaron parte máis de 2.000 ciclistas, realizando un percorrido íntegro polo centro da cidade de 6,5 quilómetros. O Concello colaborou un ano máis con esta iniciativa, organizada polo xornal La Voz de Galicia, que busca concienciar da importancia do uso de medios de transporte respectuosos co medio ambiente, a fin de garantir unha mobilidade sostible.

O percorrido en bicicleta, que comezou ao redor das 12:00 horas na Praza Maior, discorreu pola rúa Bispo Aguirre, rúa Vilalba, Rodríguez Mourelos, Doutor Portela -ida e volta-, Avenida de Ramón Ferreiro -ida e volta á altura da rúa Pintor Corredoira-, Anxo López Pérez, volta completa á Ronda da Muralla, con reagrupamento da marcha na rúa Vilalba, rúa Anxo López Pérez, Ronda da Muralla, entrada no casco histórico pola rúa Montevideo, rúa Quiroga Ballesteros, rúa Santo Domingo, rúa da Raíña e chegada á Praza Maior.

Noticias relacionadas