Lugo volve ser referente en teatro grecolatino este luns e martes

O Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá, de mañá e tarde, a representación de 4 obras de teatro grego e romano clásico nun festival dirixido ao estudantado de ensino secundario, que reuniu en cada unha das últimas edicións 4.500 estudantes

Domingo, 04 de marzo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Educación e Infraestruturas Urbanas, que dirixe Manuel Núñez, organiza un ano máis, xunto á sección galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos, unha nova edición do Festival de Teatro Grecolatino. Trátase dun evento xa consolidado, no que ano tras ano participan miles de estudantes de Galicia, uns 4.500 en cada unha das últimas mostras, e que ten por obxecto achegar as grandes obras do teatro grego e romano clásico ao estudantado de ensino secundario, a través do estudo previo dos textos e a posterior asistencia ás representacións. Ademais, supón unha oportunidade para que os mozos e mozas se relacionen con outros da súa idade ao tempo que coñecen a cidade de Lugo.

O Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá mañá luns e martes as distintas representacións. Concretamente serán as obras teatrais de Edipo Rey, Cásina, Hécuba e Miles Gloriosus, que terán lugar en horario de mañá ás 12:00 horas e de tarde, ás 17:00 horas.

A programación é a seguinte:

Día 5 de marzo

12:00 HORAS…………… EDIPO REY, DE SÓFOCLES, (Grupo SV Producciones de Villaviciosa de Odón)

17:00 HORAS……………..CÁSINA, DE PLAUTO, (Grupo SV Producciones de Villaviciosa de Odón)

Día 6 de marzo

12:00 HORAS………HÉCUBA, DE EURÍPIDES (Grupo Noite Bohemia, A Coruña)

17: 00 HORAS………MILES GLORIOSUS, DE PLAUTO, (Grupo Noite Bohemia, A Coruña)

Noticias relacionadas