Lugo será escenario dunha nova edición do Circuíto Galego de Teatro Amador

As 4 representacións desta edición terán entre o 13 e o 21 de setembro.

As entradas terán un custo de 3€ e retiraranse no auditorio o día de cada representación ou no portal entradaslugo.es.

Sábado, 06 de setembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo será escenario dunha nova edición do Circuíto Galego de Teatro Amador

Rubén Arroxo, Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, xunto con Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, e Tareixa Campo, de achádego Teatro, presentaron a nova edición do Circuíto Galego de Teatro Amador, a cita que cada ano achega ao auditorio Gustavo Freire catro representacións de compañías galegas non profesionais, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado en colaboración coa área de Cultura do Concello de Lugo e coa consellería de Cultura. Maite Ferreiro afirmou que "un ano máis volve o Ciclo Galego de Teatro Amador, no que poderemos ver a distintas compañías de teatro afeccionado realizar as súas últimas obras no Auditorio Municipal, achegando o teatro a toda a veciñanza".

A nova edición deste ciclo contará con catro representacións teatrais para todos os públicos, representadas por catro compañías diferentes de toda Galiza, que se levarán a cabo durante entre o 13 e o 21 de setembro no auditorio municipal Gustavo Freire.

As representacións desta edición son as seguintes:

  • 13 de setembro ás 20:30 – Vivir con Hungtinton, de O Trasno Novo Teatro
  • 14 de setembro ás 18:30 – Alimañas, de Gargallada Teatro
  • 20 de setembro ás 20:30 – Yerma, de Teatro Antas de Ulla
  • 21 de setembro ás 18:30 – Un mal día teno calquera, de Teatro de Cámara Ditea

Todas as representacións están destinadas público adulto. As entradas serán gratuítas e poderán retirararse no auditorio o día de cada representación ou no portal entradaslugo.es a partir do vindeiro luns.

Multimedia

  • Lugo será escenario dunha nova edición do Circuíto Galego de Teatro Amador
  • Lugo será escenario dunha nova edición do Circuíto Galego de Teatro Amador

Noticias relacionadas