Leandro Barea decora o muro exterior do colexio Fingoi nunha nova intervención do Culturban promovida pola área de Cultura

Maite Ferreiro: "continuamos a mellorar as distintas zonas da cidade con intervencións artísticas de calidade con muralistas recoñecidos"

A segunda edición do Culturban conta xa con dous murais realizados na avenida Anxo López Pérez e no colexio de Fingoi

Venres, 01 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Leandro Barea decora o muro exterior do colexio Fingoi nunha nova intervención do Culturban promovida pola área de Cultura

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro e o edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitaron o colexio de Fingoi xunto ao muralista e autor desta intervención artística, Leandro Barea, e representantes do Colexio de Fingoi. Nesta zona vén de rematarse unha nova intervención do festival de arte urbano Culturbán, organizado pola área de Cultura e o Espacio Lupa Arte.

"Seguimos a traballar en intervencións artísticas na rúa que convirtan a Lugo nun lugar vangardista, participativo e amable ", explicou a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, que destacou "o éxito das intervencións da primeira edición do Culturban". A edil de Cultura afirmou que "seguimos a apostar polo talento das e dos artistas cunha traxectoria recoñecible como é o caso de Leandro Barea".

O novo mural ocupa unha extensión de preto de 24 metros de ancho, e nel represéntanse distintas etapas da humanidade nun total de 7 viñetas co estilo habitual de Leandro Barea.

Multimedia

  • Leandro Barea decora o muro exterior do colexio Fingoi nunha nova intervención do Culturban promovida pola área de Cultura

Noticias relacionadas