Lara Méndez supervisa o avance das obras da pasarela peonil da N-VI coa colocación da estrutura central durante esta madrugada

Venres, 18 de decembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez supervisa o avance das obras da pasarela peonil da N-VI coa colocación da estrutura central durante esta madrugada

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada de técnicos municipais, supervisou este venres o avance das obras da nova pasarela peonil sobre a N-VI, que mellorará a seguridade e comodidade de acceso dende o casco urbano á zona fluvial e ao estadio Anxo Carro. Durante a pasada madrugada leváronse a cabo os traballos de colocación do vano central da pasarela, para o que se habilitaron desvíos nos dous sentidos da estrada nacional.

Os seguintes pasos contemplan a construción das ramplas de acceso, a colocación de varandas e elementos de seguridade, así como a instalación de alumeado e a humanización do itinerario coa instalación de elementos de mobiliario urbano. A previsión é que as obras poidan quedar finalizadas a finais do primeiro trimestre do próximo ano. Este proxecto enmárcase na estratexia DUSI Muramiñae do Concello, cofinanciada nun 80% con Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Noticias relacionadas