Lara Méndez participa no Foro sobre o Porto Seco, unha xuntanza que forma parte dunha nova iniciativa para abordar os problemas que afectan á provincia de Lugo

Venres, 20 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez participa  no Foro sobre o Porto Seco, unha xuntanza que forma parte dunha nova iniciativa para abordar os problemas que afectan á provincia de Lugo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu, xunto ao Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vazquez Mao, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e o presidente da FEGAMP, Alfredo García, un foro sobre o Porto Seco. Trátase dunha xuntanza que forma parte dunha nova estratexia común de traballo para abordar os problemas que afectan á provincia de Lugo, como é a perda de servizos ferroviarios.

Nesta reunión, que tivo lugar no Parador de Turismo de Monforte, decidiuse elaborar unha folla de ruta para que o Porto Seco sexa determinante no transporte.

 

Noticias relacionadas