Lara Méndez inaugurará as I Xornadas do Día Internacional da Muller Emprendedora, que reflexionarán sobre o papel feminino na creación de emprego

O enlace para asistir ás mesmas de maneria gratuita é: https://meet.jit.si/D%C3%ADainternacionaldelamujeremprendedora

Mércores, 18 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez inaugurará as I Xornadas do Día Internacional da Muller Emprendedora, que reflexionarán sobre o papel feminino na creación de emprego

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, inaugurará maña, xoves, 19 de novembro, ás 10.30 horas, as I Xornadas do Día Internacional da Muller Emprendedora organizadas pola Área de Desenvolvemento Local. As mesmas, por motivo das restricións sanitarias, serán telemáticas, e estarán abertas a participación de toda a cidadanía interesada.

O fin destas xornadas é reflexionar sobre o papel que está a xogar a muller como creadora e capaz de desenvolver ideas de negocio e convertelas en empresas rendibles nun momento no que a presenza do sexo feminino dentro da actividade económica contribúe a incrementar o Produto Interno Bruto do país, elevar o crecemento e mellorar a calidade de vida no ámbito laboral.

No programa de actividades esta incluída a presentación da imaxe visual creada para o evento, na que as protagonistas son algunhas das emprendedoras que están actualmente instaladas no Centro de Emprendemento Municipal (CEI-Nodus).

O acto contará cunha mesa redonda na que baixo o título ‘Asociacionismo e emprendemento feminino: Unha mirada actual’ participarán diferentes asociacións empresariais. Estará moderada por Carmen José López, que no seu día foi Presidenta de  Aje Galicia, e estarán presentes Beatriz Varela (Presidenta de  AELU), Noelia López (Presidenta de AJE Lugo) e Carla Reyes, presidenta Executivas Galicia, que  falarán distendidamente sobre o papel da muller no ecosistema emprendedor e a figura das asociacións no empoderamento e o fortalecemento feminino.

Seguidamente, desenvolverase unha charla sobre ‘Xira Mulleres e Fundación Mulleres’,  onde participarán Gema Dominguez, Xestora de Comunicación de Coca-Cola European Partners; Paula Beltrán, Projet Manager de Impact  Hub Madrid e coordinadora de ‘Xira Mulleres Wekend’, así como Luz  Soilán, emprendedora local, que foi unha das participantes da última edición da Xira Mulleres  Weekend, premiada entre as participantes de Galicia, que contará a súa experiencia nesa edición.

O acto de clausura correrá a cargo da concelleira de Igualdade Ana González Abelleira e o concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto Morbán.

A través do seguinte enlace e co anexo Programa “Día Internacional Muller Emprendedora” poderase seguir a mesma: https://meet.jit.si/D%C3%ADainternacionaldelamujeremprendedora

Noticias relacionadas