Venres, 06 de marzo de 2020
Fonte:
Gabinete de Prensa

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e a Concelleira de Muller, Ana González Abelleira, fixeron entrega este venres ás 13:30h, no Salón de Plenos do Concello, dos premios do concurso de deseño gráfico “Contra a Violencia de Xenero” e do VIII certame de fotografía “Revelando Machismo”. Certames que o Concello de Lugo convoca cada ano para loitar pola igualdade real entre mulleres e homes.
As gañadoras foron Ana Linares, co traballo “A tua media laranxa… pola igualdade e o respecto” no concurso de Deseño Gráfico contra a Violencia de Xénero e Andrea Prado co traballo “Karte” no VIII certame de fotografia “revelando o machismo”.