
A alcaldesa, Lara Méndez, despediuse esta mañá do comisario principal de Lugo, José María Esteban del Corral, quen se xubila tras 40 anos de servizo a cidadanía na Policía Nacional. Nun encontro mantido na casa consistorial, a rexedora agradeceu a súa vocación pública ao longo da súa traxectoria e a súa entrega no período que exerceu o seu cargo na nosa cidade. “ O gran traballo de Esteban del Corral permitiu que Lugo continúe a ser unha das cidades máis seguras de todo o país e contribuíu en gran medida a que os veciños e veciñas así o percibiran nas nosas rúa e nos seus fogares”, afirmou a rexedora, quen obsequio ao comisario co libro “López Pérez, la mosca blanca” de Julio Reboredo así como con varios recordos do seu paso pola Casa do Concello.