Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez despídese do comisario principal de Lugo, que se xubila tras máis de 40 anos de servizo

Lara Méndez despídese do comisario principal de Lugo, que se xubila tras máis de 40 anos de servizo

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Benestar social,
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Recursos humanos,
    • Emprego público
Luns, 11 de setembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez despídese do comisario principal de Lugo, que se xubila tras máis de 40 anos de servizo

A alcaldesa, Lara Méndez, despediuse esta mañá do comisario principal de Lugo, José María Esteban del Corral, quen se xubila tras 40 anos de servizo a cidadanía na Policía Nacional. Nun encontro mantido na casa consistorial, a rexedora agradeceu a súa vocación pública ao longo da súa traxectoria e a súa entrega no período que exerceu o seu cargo na nosa cidade.  “ O gran traballo de Esteban del Corral permitiu que Lugo continúe a ser unha das cidades máis seguras de todo o país e contribuíu en gran medida a que os veciños e veciñas así o percibiran nas nosas rúa e nos seus fogares”, afirmou a rexedora, quen obsequio ao comisario co libro “López Pérez, la mosca blanca” de Julio Reboredo así como con varios recordos do seu paso pola Casa do Concello.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-despidese-do-comisario-principal-de-lugo-que-se-xubila-tras-mais-de-40-anos-de