Lara Méndez comparte a véspera de Reis coas persoas usuarias do centro de día Novo Antonio Gandoy

Durante o encontro repartironse agasallos, cantáronse varias panxoliñas e as e os maiores describiron o seu día a día no equipamento municipal e aproveitaron para intercambiar experiecias vitais.

“Tras toda unha vida de dedicación á familia, ao traballo e a comunidade é necesario garantir unha atención especializada que permita ofertar a maior calidade de vida posible nesta etapa vital”, manifestou a rexedora.

Venres, 05 de xaneiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez comparte a véspera de Reis coas persoas usuarias do centro de día Novo Antonio Gandoy

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, compartiu a véspera do Día de Reis coas persoas ususarias do centro de día Novo Antonio Gandoy. Deste xeito, a rexedora cumpriu coa súa tradicional visita a este equipamento municipal para felicitar o aninovo, na que estivo acompañada pola concelleira de Maiores, Olga López Racamonde.  Ambas as dúas puxeron en valor o importante traballo asistencial que están a levar a cabo os e as profesionais encargadas do funcionamento deste centro. “Desde o Goberno local seguiremos traballabndo para reforzar, dentro das nosas competencias, o labor asistencial. O compromiso social marca toda a nosa acción de goberno, cuxo obxectivo final e mellorar a calidade de vida de toda a veciñanza e, de forma particular, a de aqueles colectivos máis vulnerables”, manifestou.

Durante o encontro, Méndez e López Racamonde, obsequiaron ás persoas usuarias cun agasallo, composto por unha selección de doces festivos e mel. Así mesmo, mantiveron unha distendida conversa cos maiores na que se compartiron experiencias vitais e se describiu o día a día no centro. Tras cantar xunto ás persoas usuarias varias panxoliñas, a rexedora expresou a súa gratitude pola cálida benvida e subliñou a importancia da inclusión e o apoio comunitario para todas a veciñanza. “Tras toda unha vida de dedicación á familia, ao traballo e a comunidade é necesario garantir unha atención especializada que permita ofertar a maior calidade de vida posible nesta etapa vital”, manifestou.

Neste senso, a rexedora lembrou que desde o Novo Antonio Gandoy, o Concello ofrece un servizo público dirixido a toda a poboación maior do termo municipal, no que son unha prioridade todos aqueles cidadáns que, polas súas eivas físicas ou mentais, socioeconómicas ou familiares, teñan reducida a súa autonomía para as actividades básicas e/ou instrumentais da vida diaria. Nesta estratexia de atención xerontolóxica adquire unha especial relevancia as accións destinadas á socialización e participación dos maiores, grupos de diálogo e fomento das relacións interpersoais, o encontro con outros colectivos e a planificación de actividades comúns.

Multimedia

  • Lara Méndez comparte a véspera de Reis coas persoas usuarias do centro de día Novo Antonio Gandoy

Noticias relacionadas