Lara Méndez asiste ao acto de Graduación da Facultade de Veterinaria da promoción 2017-2022

Sábado, 09 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez asiste ao acto de Graduación da Facultade de Veterinaria da promoción 2017-2022

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asistiu esta mañá ao acto de Graduación da Facultade de Veterinaria da promoción 2017-2022, que tivo lugar no auditorio “Enrique González”.

Un acto moi emotivo, que abriu o Vicerreitor de Organización Académica do Campus, Francisco José Fraga e no que a rexedora aproveitou para dar os parabéns aos familiares dos graduados e graduadas destacando “o caracter vocacional da profesión de veterinario” e animou aos estudantes a “avanzar na profesionalización deste sector, piar do tecido socioeconómico da provincia e do concello de Lugo” apuntaba.

A Facultade de Veterinaria, fundada en 1983, recolle o legado da antiga Escola Especial de Ciencias Veterinarias (1882-1924) —con sede en Santiago de Compostela— e é o único centro da Comunidade Autónoma de Galicia no que se forman profesionais das Ciencias Veterinarias. A facultade imparte o Grao en Veterinaria e o Máster Universitario en Xenómica e Xenética, nos que participan máis de 130 docentes de 19 departamentos da USC.

Multimedia

  • Lara Méndez asiste ao acto de Graduación da Facultade de Veterinaria da promoción 2017-2022
  • Lara Méndez asiste ao acto de Graduación da Facultade de Veterinaria da promoción 2017-2022

Noticias relacionadas