Lara Méndez amplía os mercadiños no Miño durante todo o mes de agosto ante o éxito desta iniciativa para dinamizar a contorna fluvial

Terán lugar todos os domingos, en horario de 11:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:00 horas e contarán con obradoiros infantís, música, concursos e zona de pícnic.

A rexedora agradeceu “a implicación da veciñanza, así como dos comerciantes que participan nos mercadiños, cos que tamén promovemos os produtos locais”.

En cada cita haberá 20 prazas para comercios da cidade e 10 para particulares, asociacións e colectivos que desexen presentar ou vender os seus artigos.

O prazo de inscrición como expositores nos mercadiños estará aberto ata 3 días antes da data de inicio na páxina web www.localmentelucense.gal/mercados.

Mércores, 03 de agosto de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez amplía os mercadiños no Miño durante todo o mes de agosto ante o éxito desta iniciativa para dinamizar a contorna fluvial

Os mercadiños á beira do Miño volverán a ser tendencia en agosto. O Goberno de Lara Méndez decidiu ampliar esta iniciativa, enmarcada no movemento Localmente Lucense, ante o éxito de participación acadado nas dúas primeiras citas celebradas o pasado mes. Neste senso, a rexedora agradeceu a “implicación da veciñanza, así como dos comerciantes que participaron nos mercadiños, cuxo obxectivo é dinamizar a contorna fluvial, ao mesmo tempo que promovemos os produtos locais e de proximidade”.

Así, trátase de mercadiños multidisciplinares, organizados dende a área de Desenvolvemento Local do Concello, que dirixe Ana Abelleira, nos que converxen postos de comercios da cidade, obradoiros infantís, espazos para que particulares e asociacións mostren os seus produtos, así como unha zona decorada para facer pícnic, música ambiente e concursos.

Lara Méndez lembrou que “en cada cita hai vinte prazas para comercios da cidade e dez para particulares, asociacións e colectivos que desexen presentar ou vender os seus produtos, de xeito que o obxectivo é achegar artigos de km0 e de establecementos de proximidade do municipio ao público nun ambiente distendido e nun entorno natural único como é a ribeira do Miño, moi concorrida durante os meses de verán”.

Os mercadiños celebraranses todos os domingos de agosto, de 11:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:00 horas, para facilitar a participación de comerciantes e que poidan ofrecer os seus produtos fóra da tenda. O prazo de inscrición como expositores nos mercadiños estará aberto ata 3 días antes da data de inicio na páxina web www.localmentelucense.gal/mercados, onde se atopan as bases e toda a información.

Nos mercadiños haberá postos de comercios locais, obradoiros infantís, espazo para que particulares e asociacións mostren os seus produtos, zona decorada para facer pícnic (reserva de parcelas en www.localmentelucense.gal/mercados), música ambiente, photocall e concursos con premios por valor de 1000 euros cada día en vales de compras nos comercios adheridos ao movemento Localmente Lucense.

Multimedia

  • Lara Méndez amplía os mercadiños no Miño durante todo o mes de agosto ante o éxito desta iniciativa para dinamizar a contorna fluvial
  • Lara Méndez amplía os mercadiños no Miño durante todo o mes de agosto ante o éxito desta iniciativa para dinamizar a contorna fluvial

Noticias relacionadas