Infraestruturas completa a renovación das rúas Celso Emilio Ferreiro e Tino Prados

Nas últimas semanas instalouse unha nova capa de rodadura con mestura asfáltica en quente, e vén de completarse a renovación da sinalización horizontal.

Arroxo: "continuamos a atender os espazos públicos con reparacións en todos os barrios".

Sábado, 08 de marzo de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Infraestruturas completa a renovación das rúas Celso Emilio Ferreiro e Tino Prados

O Tenente de Alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, achegáronse ata a rúa Celso Emilio Ferreiro, onde o Goberno de Lugo vén de renovar o firme. Arroxo destacou que "este tipo de actuacións garanten  o benestar das veciñas e veciños de toda a cidade". O Goberno de Lugo actúa para "renovar vías co pavimento deteriorado e garantir a boa calidade e a boa imaxe da rede de vías urbanas municipal".

O Goberno de Lugo reconstruíu o paquete de firme en todo o seu espesor, para evitar que os defectos da capa base podan chegar a afectar á capa de rodadura. Os traballos consistiron na instalación dunha nova capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, o que asegurará un selado do firme ante a acción da auga superficial e asegurará unha prolongada duración da actuación.

Unha vez pavimentadas as vías, adaptáronse os rexistros previamente existentes á nova cota da superficie e renovouse a sinalización.

Multimedia

  • Infraestruturas completa a renovación das rúas Celso Emilio Ferreiro e Tino Prados

Noticias relacionadas