Felipe Rivas presenta o torneo de xadrez de Semana Santa

O Goberno de Lugo e a Asociación cultural Xaquedrum levan adiante esta proposta con distintas actividades que promocionarán o xadrez nas rúas e nos centros de ensino

O torneo terá lugar o vindeiro domingo 3 entre as 17:00 e as 19:30 no soto da praza de Abastos

Domingo, 27 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Felipe Rivas presenta o torneo de xadrez de Semana Santa

O Goberno de Lugo e a asociación cultural Xaquedrum continúan co ciclo de promoción do xadrez “Xadrez para todas”, cun novo torneo escolar e de partidas rápidas. Estas actividades nacen co obxectivo de “espertar a curiosidade e o interese polo xadrez, achegando ás familias sobre as vantaxes que a súa práctica representa sobre a dimensión educativa”, explicou Felipe Rivas.

O Torneo de Xadrez Escolar de Semana Santa terá lugar o vindeiro domingo 3 de abril, entre as 17:00 e as 19:30 no soto da Praza de Abastos. O torneo estará aberto á participación tanto de xogadores e xogadoras con elo FIDE e sen entrar na clasificación, na modalidade Open. O ritmo de xogo será de 15 minutos. As categorías serán sub8, sub10, sub12 e absoluta.

A inscrición para este torneo pecharase o vindeiro 1 de abril ás 20:00, e a información pode atoparse nas redes sociais e na web da asociación cultural Xaquedrum.

Felipe Rivas destacou “o grande interese que está a achegar o xadrez na poboación”, e engadiu “a práctica do xadrez supón un magnífico instrumento para adquirir unha maior axilidade mental e unha serie de habilidades sociais tales como a capacidade de concentración e de síntese, ademais de mellorar a memoria, o cálculo, a toma de decisións ou a creatividade”.

Actividades Xadrez para Todas

TORNEO DE XADREZ ESCOLAR DE SEMANA SANTA

  • Lugar: Soto da Praza de Abastos.
  • Calendario: 3 de abril.
  • Descrición: Torneo de xadrez aberto a todos/ as os/as lucenses. Por categorías segundo o nivel deportivo e por idades.

TORNEO DE XADREZ ESCOLAR FESTA FINAL

  • Lugar: Praza Maior.
  • Calendario: 17 maio.
  • Descrición: Torneo de xadrez aberto a todos/ as os/ as lucenses. Por categorías segundo o nivel deportivo e por idades.

TORNEO DE XADREZ ESCOLAR NADAL

  • Lugar: Praza Maior.
  • Calendario: 18 decembro.
  • Descrición: Torneo de xadrez aberto a todos/as os/as lucenses. Por categorías segundo o nivel deportivo e por idades.

XAQUE NAS AULAS

  • Lugar: Escolas de infantil e colexios públicos de Lugo.
  • Calendario: Desde Marzo a Decembro.
  • Descrición: Este programa achega o xadrez ás aulas infantil e primaria para formar, durante tres sesións, aos/ as alumnos/ as de 5º,6º de infantil e 1º de Primaria na práctica do xadrez, tendo en conta dos indubidables efectos positivos que esta disciplina ten para os estudantes, tanto a nivel persoal como intelectual.

XADREZ XIGANTE E BAÚL VIAXEIRO

  • Lugar: Praza Maior.
  • Calendario: 2, ao 22 de xuño de luns a venres.
  • Descrición: Xadrez xigante, clases de xadrez, xadrez convencional e biblioteca itinerante para os máis pequenos.

VIAXE POLA HISTORIA DO XADREZ

  • Lugar: Praza do Castiñeiro.
  • Calendario: 1 ao 15 de xullo de luns a venres.
  • Descrición: Xadrez xigante, clases de xadrez, xadrez convencional e biblioteca itinerante para os máis pequenos.

VOLTA AO COLE DIVERTIDO

  • Lugar: Praza Maior de Lugo.
  • Calendario: 1 ao 30 de setembro de luns a venres.
  • Descrición: Xadrez xigante, clases de xadrez, xadrez convencional e biblioteca itinerante para os máis pequenos.

Multimedia

  • Felipe Rivas presenta o torneo de xadrez de Semana Santa

Noticias relacionadas