A Feira Mercado Circo da Lúa, coa que colabora o Concello, abre as súas portas na Praza Anxo Fernández Gómez

A Alcaldesa de Lugo, a Deputada de Cultura e a Vicepresidenta de AELU inauguraron este evento, que albergará 25 expositores relacionados coa artesanía, o comercio ou a alimentación

Sábado, 01 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Feira Mercado Circo da Lúa, coa que colabora o Concello, abre as súas portas na Praza Anxo Fernández Gómez

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e a vicepresidenta da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo (AELU), Juana Eiroa, inauguraron este sábado a Feira Mercado Circo da Lúa, que terá lugar esta fin de semana na Praza Anxo Fernández Gómez, concretamente na carpa habilitada detrás da Casa do Concello.

Lara Méndez sinalou que “dende o Concello estamos moi satisfeitos de colaborar coa Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo, unha asociación que mostra como é posible triunfar no profesional á vez que se sensibiliza. Esperamos que cada vez máis a palabra conciliación deixe de ser un mero slogan político para converterse en algo cotián. Queda camiño sempre por andar, pero que iso non nos impida ver o avanzado”.

Na Feira Mercado Circo da Lúa haberá un total de 25 expositores entre os que se atopan os seguintes: 5ª Avenida, A Cociña de Pilar, Amalia Rodríguez, Castanae, Cervexa Artesá Aloumiña, Dímelo Con Flores, Ecolavakan, Edades Lugo, El Ojo de Horus, Embutidos Toñita, GeroSonajero, Kids&Us, La Hierbas A Granel, Meninas – Unodmila, Mi Madre No Me Deja, Miky Moda Infantil, Muradano, Nana de Luna, O Rocho Compra-Venta, Pastelería Maceda, Queixos Pacita, Recados Lugo, The AsgardCustom, Vivienda Comunitaria e Agarimo. Paralelamente á feira realizaranse actividades e haberá animacións para pequenos e maiores.

Multimedia

  • A Feira Mercado Circo da Lúa, coa que colabora o Concello, abre as súas portas na Praza Anxo Fernández Gómez

Noticias relacionadas