A exposición ‘Semana Santa, tradición secular’ chega ao Claustro da Catedral dentro da programación da Capital da Cultura

Afondará no significado da Semana Santa, non só como acontecemento relixioso, senón tamén histórico, cultural e social, fortemente arraigado na tradición galaico-portuguesa.

“A mostra recolle diferentes vivencias desta celebración relixiosa nas distintas cidades galegas e portuguesas que forman parte do Eixo Atlántico”, explicou Lara Méndez.

Poderá visitarse de luns a sábado de 09:30 a 18:30 horas. Toda a información pode consultarse a través da páxina web www.lugocapitaldacultura.com

Venres, 14 de abril de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A exposición ‘Semana Santa, tradición secular’ chega ao Claustro da Catedral dentro da programación da Capital da Cultura

O Claustro da Catedral de Lugo acollerá dende o vindeiro martes, 18 de abril ata o 31 de maio, a exposición ‘Semana Santa, tradición secular’ dentro da programación da Capital da Cultura do Eixo Atlántico. “Esta mostra, situada no emblemático claustro da Catedral de Lugo, recolle as vivencias particulares, e tamén as compartidas, desta celebración relixiosa en distintas cidades galegas e portuguesas que forman parte da entidade transfronteiriza”, explicou a alcaldesa, Lara Méndez.

A exposición afonda no significado da Semana Santa, non só como acontecemento relixioso, senón tamén histórico, cultural e social, fortemente arraigado na tradición galaico-portuguesa. Neste senso, a rexedora lembrou que “en Lugo, esta celebración foi declarada hai cinco anos como Festa de Interese Turístico Galego, pola gran acollida e participación coa que conta ano tras ano, atraendo tamén visitantes doutras localidades”.

A mostra poderá visitarse no Claustro da Catedral de luns a sábado de 09:30 a 18:30 horas. Toda a información sobre esta actividade, así como do resto da programación da Capital da Cultura do Eixo Atlántico pode consultarse a través da páxina web www.lugocapitaldacultura.com onde se atopan actualizados os horarios, ubicacións e datas das diferentes iniciativas que terán lugar ao longo do ano na cidade amurallada.

Noticias relacionadas