Exitoso inicio do programa Achegando Ciencia ao Vello Cárcere

Numeroso público ateigou o espazo para escoitar ao catedrático de mediciña Ángel Carracedo, encargado de inaugurar este ciclo coa conferencia As razóns da diversidade, sobre a xenética

O ciclo de conferencias continúa en xaneiro con José Daniel Edelstein, que falará sobre a relatividade xeral de Einstein, coa conferencia O discreto oleaxe do cosmos

Venres, 15 de decembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Exitoso inicio do programa Achegando Ciencia ao Vello Cárcere

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, calificou de "existoso" o inicio do programa Achegando Ciencia ao Vello Cárcere, que arrincou onte á tarde no auditorio deste centro cultural co obxecto de aproximar a ciencia e as principais teorías científicas á cidadanía dun xeito sinxelo e amable.

Numeroso público ateigou o espazo para escoitar ao catedrático de mediciña Ángel Carracedo, encargado de inaugurar este ciclo coa conferencia As razóns da diversidade, sobre a xenética e as súas aplicacións tales como a loita contra as enfermidades.

Este programa, posto en marcha polo Concello co colectivo Caladiños, inclúe catro charlas máis, ata o mes de maio, tocando todos os eidos das ciencias fundamentais. Cada conferencia é independente. Deste xeito, calquera cidadá poderá asistir á charla sobre a teoría que máis lle chame a atención, independentemente de ter acudido a algunha das anteriores charlas.

Os poñentes serán científicos recoñecidos internacionalmente e que teñen habilidades relacionadas coa divulgación científica, asegurando deste xeito que a charla sexa amena e totalmente accesible a calquera cidadá que non teña nin o máis mínimo coñecemento científico.

Tras a charla deste xoves, en xaneiro, José Daniel Edelstein falará sobre a relatividade xeral de Einstein, coa conferencia O discreto oleaxe do cosmos. En marzo será a quenda de María Elena Vázquez, que centrará a conferencia nas matemáticas, base de todo coñecemento científico, e aproveitando que se celebra o Día Internacional da Muller, tratará o papel da muller na ciencia.

Elena González será a encargada de impartir a charla O estrambótico mundo cuántico en abril, versando na física cuántica, na que presentará un mundo que parece escapar ao entendemento humán. Pecha a conferencia Xurxo Mariña, con Unha viaxe á maquina da mente, sobre a neurociencia, onde se indagará o cerebro, a súa estrutura e as súas funcións. Previsiblemente, no mes de xuño terá lugar unha mesa redonda na que se debaterá sobre a conciencia, un dos temas máis difíciles de abordar dende a perspectiva científica. 

Noticias relacionadas