Danza, panxoliñas e teatro para agardar a Cabalgata na Praza Maior

O Concello preparou estas actividades coa finalidade de amenizar a espera aos lucenses e visitantes das Maxestades de Oriente, pois este ano a Cabalgata será máis longa xa que se incrementa o número de persoas participantes

A partir das 17:00 horas, e dende a Praza de Santo Domingo, pola rúa da Raíña ata diante da Casa Consistorial, interpretaranse catro danzas tradicionais: a Danza de Fitas, de Arcos, de Paos e de Castañetas

Os nenos e nenas que participaron neste Nadal no Obradoiro de Panxoliñas, que organizou o Concello no Vello Cárcere, ofrecerán unha emotiva actuación, dende as 17:30 horas. Haberá tamén distintas interpretacións teatrais unha vez conclúa o pregón de Melchor

Venres, 04 de xaneiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo preparou para mañá sábado, 5 de xaneiro, danza, panxoliñas e teatro para agardar a Cabalgata de Reis na Praza Maior, a onde chegará sobre as 19:15 horas, unha hora e cuarto despois da súa saída, dende o Parque da Milagrosa. Faino coa finalidade de amenizar a espera aos lucenses e visitantes das Maxestades de Oriente; pois este ano a Cabalgata será máis longa xa que se incrementa o número de persoas participantes.

En concreto, a partir das 17:00 horas, e dende a Praza de Santo Domingo, pola rúa da Raíña ata diante da Casa Consistorial, interpretaranse catro danzas tradicionais: a Danza de Fitas, de Arcos, de Paos e de Castañetas.

Ademais destas actuacións do Rancho de Reis, a cargo de O Xeito, os nenos e nenas que participaron neste Nadal no Obradoiro de Panxoliñas, que organizou a entidade local no Vello Cárcere, ofrecerán unha emotiva actuación, dende as 17:30 horas diante do Concello.

A maiores, dende que cheguen os Reis Magos á Praza Maior e Melchor dea o pregón dende o balcón da Casa Consistorial, haberá diversas interpretacións teatrais de grupos de Lugo, que irán interactuando co público.

Audio

  • A concelleira Carmen Basadre sobre as actividades e a Cabalgata de Reis | Descargar mp3

Noticias relacionadas