Continúa a programación do mes de maio para dinamizar o barrio da Milagrosa

O mércores 17 de maio a Rúa Menorca acollerá, a partir das 18.30h, unha sesión de contacontos a cargo de Cris de Caldas dirixida a público infantil.

Mañá a Academia de Música Nova Escola, realizará de 19.00h a 20.30h, un pasarrúas de música tradicional por todo o barrio da Milagrosa.

Martes, 16 de maio de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Continúa a programación do mes de maio para dinamizar o barrio da Milagrosa

Continúan as actividades enmarcadas dentro da campaña de dinamización do barrio da Milagrosa co propósito de poñer en valor o bo facer da actividade comercial e hostaleira deste barrio emblemático na cidade e cunha veciñanza exemplo de convivencia e confraternidade.

Neste senso, mañá mércores 17 de maio, a Rúa Menorca acollerá a partir das 18.30h, unha sesión de contacontos a cargo de Cris de Caldas, dirixida para os máis cativos da casa. Está previsto tamén que, a Academia de Música Nova Escola, realice de 19.00h a 20.30h, un pasarrúas de música tradicional por todo o barrio.

Xa en xornada de fin de semana, terán lugar diversas actividades de ocio para tódolos públicos. O venres 19 haberá un ‘Comercio na rúa’, será en horario de 10:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00h no que participarán establecementos do barrio, de diversos sectores que ofrecerán descontos. O mago Roberto Lolo, realizará un espectáculo de maxia para público infantil e familiar das 19.00h ás 20.00h, na Praza da Milagrosa e, a partires das 21.00h, Marcos Peón realizará unha sesión DJ na Rúa Xulia Minguillón.

O sábado, de 18:00 a 20:30h, a Praza da Milagrosa acollerá un desfile de Moda e Perruquería que contará coa colaboración dos comercios do barrio e estará amenizado por Ritmo Lugo e a partires das 21:00, o Dúo Os Piñeiros actuará na Rúa Divina Pastora.

Programación 17, 19 e 20 de maio:

MÉRCORES 17 de maio

  • 18:30 a 19:30 h – Contacontos - Rúa Menorca.
  • 19:00 a 20:30 h – Pasarrúas de música tradicional polo barrio. Academia de Música Nova Escola.

VENRES 19 de maio

  • 10:00 a 14:00 h y 17:00 a 20:00 h – Comercio na rúa.
  • 19:00 a 20:00 h – Maxia con Roberto Lolo. Praza da Milagrosa.
  • 21:00 a 23:00 h – Sesión DJ: Marcos Peón. Rúa Xulia Minguillón.

SÁBADO 20 de maio

  • 18:00 a 20:30 h – Desfile de Moda e Perruquería.Praza da Milagrosa.
  • 21:00 a 23:00 h – Actuación musical, Dúo Os Piñeiros. Rúa Divina Pastora.

Máis info

Noticias relacionadas