A concellería de Medio Rural incorpora dúas marquesiñas en Santa María Alta e Meilán pola súa alta demanda veciñal

O edil responsable, Miguel Fernández, sostén que seguirán instalando en aquelas zonas con maior necesidade, especialmente pola presenza de menores no transporte escolar.

Venres, 09 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Medio Rural incorpora dúas marquesiñas en Santa María Alta e Meilán pola súa alta demanda veciñal

A concellería de Medio Rural ven de incorporar dúas marquesiñas, unha na parroquia de Santa María Alta e outra en Meilán. O tenente de alcaldesa e edil responsable, Miguel Fernández, explicou que “desde o Concello priorizamos a colocación naquelas zonas onde hai maior demanda, froito da presenza de menores que as usan para esperar polo transporte escolar”.

Fernández explicou que estes traballos enmárcanse no compromiso do Concello co rural co obxectivo tamén de “fomentar a mobilidade sostible e o uso do transporte público colectivo, especialmente en zonas rurais, onde cobra maior interese".
 
A concellería investiu 10.300 euros nesta actuación. As novas marquesiñas teñen unha dimensión de 3 metros de longo x 1,50 de fondo e unha altura que oscila entre os 2,30 e os 2,50 metros. Todos os elementos metálicos son pregalvanizados e están protexidos  fronte á corrosión.
 
O edil explicou que “dende a concellería traballamos para dar resposta ás necesidades da veciñanza” e anunciou que, na medida do posible, “seguiremos instalando máis marquesiñas nas zonas do rural, así como arranxando as deterioradas”.

Noticias relacionadas