A concellería de Infraestruturas renova a iluminación dos soportais da praza Maior

Alexandre Penas: “agardamos que esta actuación mellore a seguridade da zona ao contar con maior visibilidade”

Mudáronse os globos e plafóns antigos, que estaban obsoletos, por luminarias LED de baixo consumo enerxético

Xoves, 05 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Infraestruturas renova a iluminación dos soportais da praza Maior

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou da renovación da iluminación nos soportais da praza Maior que se executou nos pasados días. “Seguimos realizando actuacións de renovación de alumeado público no centro da cidade,  aumentando a visibilidade e a seguridade da zona, xa que unha parte dos soportais non contaban con alumeado”, declarou Alexandre Penas.

Nesta actuación substituíronse os globos e plafóns presentes actualmente, que estaban obsoletos, e retirouse o cableado en desuso. Instaláronse en total 13 puntos de luz LED de baixo consumo, 3 de 39W, 5 de 29W e 5 de 14W, cun investimento total de 5.070€.

Audio

  • O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, sobre o alumeado nos soportais da Praza Maior | Descargar mp3

Multimedia

  • A concellería de Infraestruturas renova a iluminación dos soportais da praza Maior
  • A concellería de Infraestruturas renova a iluminación dos soportais da praza Maior

Noticias relacionadas