A concellería de Infraestruturas adapta a instalación eléctrica do edificio do Seminario

Alexandre Penas: “na primeira fase executarase a obra que permitirá instalar unha liña de media tensión por Ángel López Pérez”

Prevese a instalación dun grupo electróxeno “para garantir o acceso da veciñanza aos servizos telemáticos do concello en caso de fallos da rede eléctrica”

Luns, 09 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Infraestruturas adapta a instalación eléctrica do edificio do Seminario

A concellería de Infraestruturas Urbanas comezará nos vindeiros días cos traballos de renovación da instalación eléctrica do centro de servizos municipais do Seminario. O concelleiro responsábel, Alexandre Penas, explicou que “seguimos traballando en mellorar as distintas instalacións eléctricas públicas da cidade, entre as que incluímos o edificio do seminario, que se adaptará aos estándares actuais”.

Na primeira fase dos traballos, a concellería de Infraestruturas investirá 45.063.99€ en realizar as obras que van permitir instalar unha acometida de media tensión na rúa Ángel López Pérez, o que permitirá instalar o novo sistema de climatización do edificio, e mudarase o mecanismo da porta automática do aparcadoiro.  

Ademais, habilitaranse as canalizacións necesarias para instalar un grupo electróxeno que, segundo Alexandre Penas, “permitirá evitar cortes no subministro eléctrico do concello en caso de producirse fallos na rede eléctrica”.

Audio

  • O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, sobre a electricidade no Edificio do Seminario | Descargar mp3

Noticias relacionadas