A Concellería de Educación convoca unha xuntanza informativa para nais e pais na Escola Infantil Municipal

Xoves, 28 de agosto de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, convoca unha xuntanza informativa para nais e pais, que terá lugar nas instalacións da Escola Infantil Municipal Serra de Outes o vindeiro luns 1 de setembro ás 17:30 horas.

A xuntanza celebrarase por motivo do inicio do curso escolar 2008-2009. Os técnicos informarán a todos os pais e nais dos nenos matriculados sobre as actividades, horarios e funcionamento da escola infantil e tratarán todos aqueles temas que poidan causar dúbidas aos proxenitores.