Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Concellería de Educación convoca unha xuntanza informativa para nais e pais na Escola Infantil Municipal

A Concellería de Educación convoca unha xuntanza informativa para nais e pais na Escola Infantil Municipal

Xoves, 28 de agosto de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, convoca unha xuntanza informativa para nais e pais, que terá lugar nas instalacións da Escola Infantil Municipal Serra de Outes o vindeiro luns 1 de setembro ás 17:30 horas.

A xuntanza celebrarase por motivo do inicio do curso escolar 2008-2009. Os técnicos informarán a todos os pais e nais dos nenos matriculados sobre as actividades, horarios e funcionamento da escola infantil e tratarán todos aqueles temas que poidan causar dúbidas aos proxenitores.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleria-de-educacion-convoca-unha-xuntanza-informativa-para-nais-e-pais-na-escola-infantil