
Auxilio á cidadanía
Ás 12:04 horas, do día de hoxe sete efectivos do corpo de Bombeiros do Concello de Lugo: o Sarxento Xefe, un cabo e cinco bombeiros conductores, acudiron a Avenida Infanta Elena tras recibir unha chamada do 112 Galicia en relación á rotura dun colector de gas.
Unha vez no lugar da emerxencia compróbase a rotura dunha das tubaxes da rede de gas. Ante a devandita situación, os efectivos do SPEIS proceden á evacuación inmediata das persoas que se atopaban nese momento nos establecementos contiguos ao momento de rotura. Ao mesmo tempo e coa axuda de Policía Local, procédese a desviar e cortar o tráfico da zona ante o risco de deflagración, establecendo unha zona 0 de seguridade.
Unha vez realizado o corte de gas do colector principal por parte da empresa subministradora, os bombeiros realizaron medicións de todos os establecementos e edificios próximos para comprobar a inexistencia de atmosferas explosivas e poder restablecer a actividade empresarial sen risco para as persoas.
A circulación de vehículos nas inmediacións xa está normalizada, tras permanecer cortada durante as horas que durou a intervención do SPEIS e nestes intres, a empresa suministradora de gas esta a reparar a avaria.