
Achado dun menor
Sobre as 0:10 horas do día 30 de marzo, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta a un mozo camiñando pola rúa dos Gardas.
Postos á fala con el, compróbase que ten 15 anos e entre saloucos manifesta aos axentes que fuxiu do domicilio por unha discusión cos seus pais.
Para garantir a seguridade, integridade e protección do menor os policías trasládano á Xefatura da Policía Local, contactando coa súa nai, que xa o estaba buscando pola cidade, acudindo a dependencias policiais en compañía dunha amiga e facéndose cargo del.
Os axentes levantan acta de intervención para a súa remisión ao Servizo de Menores da Xunta de Galicia e ao órgano xudicial competente.
Auxilio á cidadanía
Ás 6:30 horas do día 29 de marzo unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a unha vivenda da rúaMonforte xa que unha persoa de avanzada idade caera no interior do seu domicilio e non podía levantarse. Os axentes comproban que se trata dunha señora de 100 anos de idade que se atopa tirada no chan do dormitorio, sendo incorporada polos policías que a trasladan á cama, quedando a cargo dun familiar.
Ás 16:40 horas do mesmo día unha patrulla detecta na rúa CamiñoReal un home tirado na beirarrúa, comprobando que se achaba baixo a influencia de bebidas alcohólicas, sendo auxiliado polos policías que o incorporan, rexeitando asistencia médica.