COMUNICADO DE PRENSA DE POLICIA LOCAL DE LUGO

Balance de servizos destacables durante a fin de semana do 13 ao 15 de outubro/23

 
Luns, 16 de outubro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Condutora investigada por TRES delitos contra a seguridade viaria

Na tarde do día 14 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta a circulación irregular dun vehículo pola rúa Perpetuo Socorro, dándolle o alto e comprobando que a súa condutora presenta signos de embriaguez/drogas, sendo requirida para realizar unha proba de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,86 mg/l. Así mesmo requíreselle para efectuar un test de drogas, ao que se NEGA, a pesar de ser informada que a negativa carrexa a comisión dun delito.

Ao comprobar a identidade da condutora, detéctase que CARECE de permiso de condución por perda de todos os puntos asignados, polo que se instrúen dilixencias por TRES DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA, por conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas e lanzar altas taxas nas probas ás que foi sometida, negarse á realización dun test de drogas e conducir carecendo de permiso de conducir.

Así mesmo como acompañante do vehículo achábase o seu titular, polo que se instrúen dilixencias contra esta persoa por cooperador necesario na realización do delito.

O vehículo foi inmobilizado e as dilixencias remítense ao Xulgado na modalidade de Xuízo Rápido.

Filtros de seguridade viaria

Durante a fin de semana intensificáronse os controis de alcoholemia e drogas en vías do centro urbano, onde efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo estableceu diversos filtros de seguridade viaria, empregando vehículos policiais rotulados e camuflados, co seguinte balance:

Delito contra a seguridade viaria

Na rúa Lambas de Prado dáse o alto a un vehículo cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,81 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Alcoholemias Administrativas

            1.- 0,30 mg/l

            2.- 0,32 mg/l

            3.- 0,35 mg/l

            4.- 0,39 mg/l

            5.- 0,41 mg/l

            6.- 0,42 mg/l

            7.- 0,50 mg/l

            8.- 0,50 mg/l

Estes condutores foron sancionados con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

Condutas incívicas

Estableceuse un dispositivo especial na contorna da Catedral para combater condutas incívicas, onde efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo sorprenderon a 23 mozos ouriñando na vía pública, concretamente nas rúas: Clérigos, Fernando Casas Novoa, Pio XII (13), Porta Bispo Aguirre (2), Pza. Maior, Praciña da Universidade (3), Catedral e Santa María, abríndose expediente sancionador, propoñendo sanción de ata 900 euros a cada un deles.

Subtracción de vehículo

O venres 13, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, de servizo no mercadillo do Parque da Milagrosa, detectan a presenza dun vehículo que, ao revisar a súa documentación, comproban que sobre o mesmo figura unha denuncia por subtracción, sendo identificado o seu condutor e trasladado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda, procedendo a trasladar o vehículo ao Depósito Municipal, comprobando ademais que está de baixa temporal, quedando ao dispor da Autoridade Xudicial.

Danos na fachada da Catedral

Na mañá do día 13 procédese á localización e identificación do condutor dun camión que co seu lateral causara danos na fachada da Catedral, instruíndose as oportunas dilixencias de prevención, dando coñecemento á dirección de Patrimonio Histórico-Artístico, para os efectos oportunos.

Inspección de establecementos públicos

Durante a fin de semana levouse a cabo un dispositivo de control do lecer nocturno, onde patrullas do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo levantaron as seguintes actas de infracción á normativa de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas de Galicia en locais do centro histórico:

Detectáronse SEIS locais que incumprían dita normativa, ao exercer a actividade coas portas abertas, transmitindo altos niveis de ruído ao exterior. Así mesmo levantouse acta por ter instalado un equipo reprodutor de música, sen autorización e outra denuncia por non presentar a licenza de apertura.

Así mesmo inspeccionouse un local que tiña un espectáculo de música en directo, cando o ten prohibido ao ter licenza de café bar e tamén por permitir fumar no interior.

Noticias relacionadas