Mércores, 31 de maio de 2023
Fonte:
Gabinete de Prensa

O pasado luns día 29 de maio/23 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, ao mando dun oficial realizou unha actividade educativa na Escola Infantil Municipal Sierra de Outes, onde as nenas e nenos puideron ver de preto os medios materiais e técnicos cos que traballa a Policía Local, escoitar pequenos consellos de como deben cruzar unha rúa, a utilización dos sistemas de retención infantil, utilización do casco en bicicleta e a quen debe acudir se se perden ou queren pedir algunha axuda etc.