COMUNICADO DE PRENSA DE POLICIA LOCAL DE LUGO

Martes, 25 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Accidentes de circulación con fuxido e alcoholemia

Durante os últimos días, a Unidade de Atestados atendeu 13 accidentes de circulación, con resultado unicamente de danos materiais, ocorridos en centro urbano, tres deles nos que os vehículos presuntamente causantes déronse á fuga, podendo ser posteriormente identificados, en todos os casos grazas á colaboración cidadá.

Nun dos sinistros, producido en cálea San Eufrasio, o presunto condutor do vehículo causante ausentouse do lugar, podendo ser localizado cando se atopaba estacionado e co seu condutor, a pouca distancia do lugar, grazas á descrición e ás indicacións ofrecidas por unha testemuña dos feitos, que non o perdeu de vista en ningún momento ata a chegada policial, algo fundamental para os investigadores, xa que o individuo declarou que o accidente tivérao un amigo seu do que só podía achegar nome, pero non sabía apelidos, nin teléfono, nin domicilio…

O citado condutor presentaba un estado de excitación extremo, ademais de signos externos claros de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas e/ou algún tipo de substancia psicotrópica, motivo polo cal foi sometido ás probas de comprobación do grao de impregnación alcohólica, nas que arroxou un resultado positivo de 0’43 miligramos de alcol por litro de aire expirado, o cal, unido aos signos externos que os policías detallan na acta correspondente e ás circunstancias do accidente, determinan a instrución de dilixencias por un presunto delito contra a seguridade viaria.

Outro dos accidentes prodúcese nun dos viais da parroquia de Distriz, onde un turismo sofre unha saída de vía sen motivo aparente, sen que o seu condutor sufra lesións aparentes, aínda que os policías observan que presenta signos de inxerir bebidas alcohólicas, motivo polo cal lle someten ás probas regulamentarias para determinar o grao de alcol en aire expirado, nas que arroxa resultado positivo de 0’64 e 0’58 mg/ L, motivo polo cal é denunciado por infracción ao Regulamento Xeral de Circulación por unha infracción que pode levar consigo unha sanción económica de 1000 euros e a detracción de 6 puntos do permiso de conducir.

Incumprimentos de medidas preventivas con motivo de COVID-19

Por parte de axentes do Grupo Operativo Nocturno confeccionouse acta-denuncia a un establecemento que se atopaba aberto ao público, na rúa Sierra de Ancares, cando a licenza que lle ampara está catalogada como de lecer nocturno.

No momento de proceder á identificación da encargada do local, esta manifestou aos axentes que o seu xestor informáralle de que podía abrir o establecemento.

Axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio denunciaron a un home, de 44 anos de idade, que transitaba pola rúa San Roque, acompañado doutras persoas e que non facía uso da máscara obrigatoria, sen acharse dentro de ningunha das causas de excepción contempladas legalmente.

Noticias relacionadas