Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 30 de decembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Filtros de seguridade viaria

No día de onte a Policía Local de Lugo intensificou os controis de alcoholemia, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria á condutora dun vehículo que foi detectado circulando pola Avenida de  As Fontiñas, comprobándose a través das bases de datos policiais, que carece de permiso de conducir por non obtelo NUNCA, sendo citada para comparecer a Xuízo Rápido.

O vehículo foi inmobilizado e a condutora, de 41 anos de idade, enfróntase a unha pena de prisión de tres a seis meses ou coa de multa de doce a vinte e catro meses ou coa de traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días.

Dáse a circunstancia que é o sexto delito que se lle investiga a esta condutora por estes mesmos feitos. Axentes do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo interceptárona e aberto dilixencias penais no ano 2009, no 2011, no 2015 e en dúas ocasións no ano 2021, polo que é considerada unha condutora  multirreincidente.

Así mesmo foi detectado un vehículo circulando pola rúa Ramón Piñeiro cuxo condutor presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica lanzando un resultado POSITIVO de 0,46 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a perda de 4 puntos do permiso de condución e inmobilizando o vehículo.

Seguridade cidadá

Ás 2,35 horas do día 30 de decembro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo observa que un mozo está a ouriñar contra a Catedral, na Praza de  Pio  XII, sendo identificado e levantando acta de denuncia por infracción á Lei de Residuos de Galicia, propoñéndose sanción de ata 900 euros.

Ao mostrarse nervioso practícaselle un cacheo superficial intervíndolle un anaco de substancia de cor marrón, presumiblemente haxix, envolvida nun plástico, de 1,3 gramos, levantando acta de denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá, propoñéndose sanción de 601 a 10.400 euros.

Así mesmo levantouse acta de denuncia por infracción á Lei de animais potencialmente perigosos a un mozo que transitaba pola rúa Montirón cun can catalogado como potencialmente perigoso, non portando licenza municipal para a súa tenencia e non inscribíndoo no rexistro de cans potencialmente perigosos.

Auxilio a cidadán

Sobre as 23,32 horas do día 29 de decembro/21 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta en  Camiño Real a un home de 29 anos que se acha tirado na beirarrúa con signos de embriaguez, prestándolle o auxilio necesario e requirindo unha ambulancia do 061 para a súa asistencia facultativa.

Noticias relacionadas