Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 29 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Auxilio a cidadáns

  • Sobre as 16,30 horas do día 28 de outubro/21 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un edificio da Ronda das Fontiñas xa que ao parecer unha persoa caeuse no interior do seu domicilio.

Os axentes observan que nunha das habitacións áchase tirada no chan unha muller de avanzada idade, queixándose dunha dor no ombreiro e brazo esquerdo, manifestando que se tropezou caendo ao chan.

Os axentes proporciónanlle o auxilio necesario, requirindo unha ambulancia do 061, sendo trasladada ao HULA para a súa atención facultativa, facéndose cargo desta persoa unha familiar.

  • Sobre as 00,45 horas do día 29 de outubro/21 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta na  rúa Milagrosa unha persoa tirada na beirarrúa.

Os axentes comproban que se trata dun home de 56 anos que presenta unha intoxicación  etílica e manifesta que non sufriu ferida algunha e rexeita asistencia sanitaria, polo que se procede a incorporalo e como reside noutro municipio localízase a un amigo para que se faga cargo del.

  • Sobre as 3,50 horas do mesmo día unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta, na praza  Mártires de Carral, unha muller tirada na beirarrúa polo que os axentes proceden ao seu auxilio observando que está moi desorientada, con incoherencias e sen poder poñerse en pé polos seus propios medios.

Os policías requiren a presenza dunha ambulancia para o seu traslado ao HULA para a súa atención médica.

Molestias por ruídos de música

Sobre as 3,37 horas do día 29 de outubro/21 recíbense chamadas na Sala do 092 da Policía Local de Lugo na que veciños da parroquia de Teixeiro queixábanse de música en ton moi elevado que impedía o descanso.

Unha patrulla diríxese ao lugar e comproba que desde a igrexa de Santa María de Teixeiro escoitábase música que proviña da zona de monte, accedendo por unhas pistas ata que localizaron, nas proximidades dos Lagos de Teixeiro, a varios mozos con altofalantes de  grandes dimensións concectados aos seus vehículos.

Identifícase ao responsable, propietario dos equipos de música, o cal procede á súa desconexión e finalización desta actividade, ausentándose todos eles do lugar, levantando acta de denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

Delito contra a seguridade viaria

Sobre as 1,40 horas do día 29 de outubro/21 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta a condución irregular dun turismo pola Rolda da Muralla, comprobando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,71 mg/ l (case o triplo da taxa máxima permitida), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Noticias relacionadas