COMUNICADO DE PRENSA DE POLICÍA LOCAL DE LUGO

Venres, 27 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
COMUNICADO DE PRENSA DE POLICÍA LOCAL DE LUGO

Competición de velocidade e alcol

Sobre as 3:00 horas do día 27 de maio unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo de servizo pola Avenida de Madrid detecta dous vehículos que circulan por esta vía a gran velocidade, procedendo á súa persecución e sendo interceptados na Avenida de Ramón Ferreiro, sendo sometidos ambos os condutores ás probas de detección alcohólica, lanzando un deles un resultado POSITIVO de 0,60 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizándose o vehículo, sendo ademais ambos os condutores denunciados por infraccións graves á Lei de Seguridade viaria.

No transcurso dos filtros de seguridade viaria levados a cabo abríronse expedientes sancionadores ao detectar TRES vehículos cuxos titulares non os presentaban á Inspección Técnica periódica no prazo debido e outro vehículo cuxa ITV fora cualificada como DESFAVORABLE pola estación de ITV.

Inspección de establecementos de lecer nocturno

Na madrugada do día 27 de maio por efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo realizáronse diversas inspeccións en locais de lecer nocturno da cidade, levantándose acta de denuncia por infracción á normativa de Espectáculos públicos e Actividades Recreativas nun establecemento da Rolda da Muralla por exceder, no exercicio da actividade, o límite horario establecido, comprobando os axentes como ás 5:05 horas numerosa xente entraba e saía do local que servía bebidas á clientela.

Noticias relacionadas