COMUNICADO DE PRENSA DE POLICIA LOCAL DE LUGO

Xoves, 26 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Uso fraudulento de tarxeta de estacionamento de persoa de mobilidade reducida

Na mañá do día 25 de maio/22 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta un vehículo estacionado nunha parada reservada para persoas de mobilidade reducida na Ronda da Muralla, tendo no cadro de mandos visible unha tarxeta para este tipo de persoas.

Ao  infundir sospeitas que a tarxeta estivese a ser usada por unha persoa que non fose  o seu titular, os axentes fan investigacións, comprobando que a titular da tarxeta áchase no seu domicilio, podendo saber que fai uns 18 meses que non sae da súa casa xa que é de avanzada idade.

A patrulla procede á identificación do condutor, intervindo a tarxeta por uso fraudulento, levantando acta de denuncia para a súa posterior remisión ao órgano competente, sendo retirado o vehículo polo servizo de guindastre ao Depósito Municipal.

Delitos contra a seguridade viaria

Durante a madrugada do día 26 de maio/22 por efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo establecéronse  filtros de seguridade viaria co emprego de vehículos policiais  rotulados e camuflados, detectando na Rúa Vilalba un condutor que presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,72 mg/ l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria.

 Así mesmo detectouse a circulación irregular dun vehículo nas proximidades do  HULA, comprobando a través das bases de datos policiais que o seu condutor CARECÍA de permiso de condución por PERDA DE VIXENCIA, sendo trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria.

Auxilio a cidadáns

Sobre as 12,20 horas do día 25 de maio/22 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acode á Ronda das Mercedes para cooperar cunha dotación do 061 cun home de elevado peso que necesitaba ser trasladado a un centro médico.

Os axentes, en colaboración cos sanitarios, logran evacualo do domicilio, sendo trasladado ao  HULA na ambulancia.

Ás 15,45 horas unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acode ao carril dos Loureiros para auxiliar a un home que estaba tirado no chan, comprobando os axentes que presentaba signos de embriaguez, requirindo a presenza dunha ambulancia para o seu traslado ao HULA.

 

Noticias relacionadas