Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 27 de abril de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Accidente de circulación e delito contra a seguridade viaria

Sobre as 2:00 horas do día 27 de abril un equipo de Atestados do Corpo desprázase á rúa Alfredo Brañas onde un turismo chocara violentamente contra a parte traseira dun vehículo estacionado na marxe esquerda da calzada, provocando que o forte impacto golpease á súa vez a outro estacionado, que tamén se despraza e golpea a outro estacionado (catro vehículos implicados).

O condutor do vehículo é trasladado ao HULA, sendo sometido ás probas de detección alcohólica lanzando un resultado POSITIVO de 0’74 mg/l, polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria. (Adxúntanse imaxes)

Delito contra a seguridade viaria

Na rúa Otero Pedrayo detéctase a circulación irregular dun vehículo, comprobando os axentes a través das bases de datos policiais que o condutor CARECE de permiso de condución polo que é trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Filtros de seguridade viaria

Durante o día de onte efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, co apoio dun equipo de Atestados, estableceron diferentes controis de seguridade viaria e alcoholemia, detectando na rúa San Roque dous condutores que ao ser sometidos ás probas de detección alcohólica lanzaron resultados POSITIVOS de 0’61 e 0’36 mg/l, respectivamente.

Ao primeiro deles ábreselle expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución e ao segundo de 500 euros e a retirada de 4 puntos.

Nestes controis detectáronse tamén a 5 condutores que non pasaron a ITV no prazo debido; 2 vehículos que circulaban sen o Seguro Obrigatorio e denunciáronse a dous condutores de ciclomotores. O primeiro por conducir cunha licenza cuxa vixencia vencera e o segundo por conducir carecendo de autorización administrativa.

Multimedia

  • Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo
  • Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas