Servizos destacados durante a fin de semana do 23 ao 25 de decembro.

Controis de alcoholemia
Durante as noites do venres 23 e sábado 24 intensificáronse os controis de alcoholemia e drogas no centro urbano, onde efectivos do Grupo Operativo Nocturno, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, estableceron diversos filtros de seguridade viaria, detectándose as seguintes incidencias:
(SETE POSITIVOS POR ALCOL)
- Na praza de Bretaña detectáronse CINCO condutores positivos por alcol. TRES tramitáronse en vía administrativa, sendo os resultados: 0,39 mg/l; 0,38 mg/l e 0,32 mg/l, abríndose expedientes sancionadores con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de conducir a cada un destes condutores. Inmobilizándose os vehículos.
Na mesma praza detectáronse DOUS positivos por alcol que se tramitaron por vía PENAL, con resultados de 0,78 e 0,75 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido. Inmobilizándose os vehículos.
Un destes condutores, con antecedentes por delito contra a seguridade viaria, abríuselle expediente por infracción á Lei de Seguridade Cidadá por falta de respecto e consideración aos axentes da autoridade no exercicio das súas funcións, sendo remitida a acta á Subdelegación do Goberno.
Outro condutor foi denunciado por condución temeraria xa que para tentar eludir o control circulou marcha atrás con risco para o resto de usuarios, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.
Tamén foi denunciado outro condutor por non pasar a ITV no prazo debido, levando aparellada sanción de 200 euros e outro condutor por condución neglixente, con multa de 200 euros.
- Na rúa San Roque detectouse a circulación irregular dun vehículo cuxo condutor presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,54 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución. Inmobilizouse o vehículo.
- Na Avenida de Ramón Ferreiro detéctase a circulación irregular dun vehículo cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,59 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución. Inmobilizouse o vehículo.
Así mesmo no transcurso destes controis localizouse un vehículo sobre o que pesaba MANDAMENTO DE CAPTURA por EMBARGO, sendo trasladado ao DEPÓSITO municipal onde queda PRECINTADO ao dispor da Autoridade competente.
Accidente de circulación con ferido
Sobre as 18:00 horas do día 25 un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á rúa San Eufrasio xa que se producira un accidente de circulación na confluencia co Paseo do Rato, cando un turismo detido para realizar un cambio de dirección é alcanzado por outro vehículo que ao accionar o freo deslizouse como consecuencia da choiva, impactando a súa parte dianteira contra a posterior do outro vehículo. Como consecuencia do accidente, unha muller que ía de acompañante no vehículo que pretendía realizar a manobra resultou lesionada, sendo trasladada por unha ambulancia a un centro médico para a súa valoración. (Adxúntase imaxe)
Auxilio á cidadanía
Sobre as 23:00 horas do día 25 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un edificio da rúa San Vicente xa que unha señora de avanzada idade caera no interior do seu domicilio e non era capaz de incorporase. A patrulla ponse á fala cun veciño que ten a chave desa vivenda permitindo a entrada aos axentes en compañía dunha dotación do 061, achando a esta persoa tirada no chan do dormitorio, manifestando que se caera accidentalmente, sendo auxiliada e trasladada nunha ambulancia ao HULA.