
Filtros de seguridade viaria
Durante os filtros de seguridade viaria levados a cabo polos axentes do Grupo Operativo Nocturno, a Unidade Territorial de Policía de Barrio e a Unidade de Atestados, detectáronse e denunciado as seguintes infraccións sobre alcoholemia:
- Condutor que lanza resultado positivo, de 0.38 e 0.38 mg/L, na rúa San Roque
- Condutor que lanza resultado positivo, de 0.44 e 0.43 mg/L, na Praza de Augas Férreas.
- Condutor que lanza resultado positivo, de 0.32 e 0.30 mg/L, na Ronda das Fontiñas.
- Condutores que lanzan resultado positivo, 0.44 e 0.48 / 0.33 e 0.34 / 0.60 e 0.53 mg/L, na confluencia da rúa San Roque con Mártires de Carral.
Todos eles foron denunciados administrativamente, con sanción de 500 euros e a detracción de 4 puntos do permiso de conducir; salvo o primeiro dos citados, cuxa denuncia conleva unha sanción pecuniaria de 1000 euros ao constar no Rexistro de Condutores e Infractores unha sanción firme por alcoholemia durante o ano anterior.
- Requirimento de patrulla do Corpo Nacional de Policía: condutor que lanza resultado positivo, de 0.44 e 0.42 mg/L, na rúa Miguel de Cervantes; lanzando tamén resultado positivo, en cocaína, nas probas de drogas; polo cal xera dous expedientes sancionadores diferenciados, o primeiro que conleva unha sanción pecuniaria de 500 euros e a detracción de 4 puntos do permiso de conducir e o segundo con 1000 € de sanción e a detracción de 6 puntos do permiso de conducir.
Control de establecementos
Durante a fin de semana, os axentes do Grupo Operativo Nocturno e da Unidade Territorial de Policía de Barrio, nun operativo conxunto con axentes do Corpo Nacional de Policía, levaron a cabo inspecciones en varios locais de hostalería e lecer nocturno, detectando e denunciando as seguintes infraccións:
Durante a noite do venres ao sábado inspeccionáronse dous locais de lecer nocturno no centro da cidade, procedendo á identificación de 35 persoas e confección de 5 actas denuncia con incautación de varios tipos de droga (cocaína, marihuana, haxix e MDMA), ademais de:
- Local 1.- Controlador de accesos que carece da acreditación preceptiva da Xunta de Galicia.
- Irregularidades no referente á seguridade e hixiene do establecemento.
- Permitir sacar consumicións ao exterior do local.
- Local 2.- Controlador de accesos que carece da acreditación preceptiva da Xunta de Galicia.
- Irregularidades no referente á seguridade e hixiene do establecemento.
- Obstruir corredores e zonas de uso común con obstáculos.
- Carencia da preceptiva cartelería relativa á existencia de cámaras de videovixilancia.
Durante a mañá do domingo, e dentro do traballo programado que leva a cabo o Goberno local para garantir o dereito ao descanso da veciñanza e a erradicación de actividades ilicitas, inspeccionáronse dous locais da zona norte da cidade, procedendo á identificación de 30 persoas, ademais de:
- Local 1.- Fumar no interior do establecemento.
- Carecer da cartelería preceptiva coa información relativa ao establecemento.
- Non acredita ter concertado o obrigatorio seguro de responsabilidade civil.
- Local 2.- Fumar no interior do establecemento.
- Non dispoñer de follas de reclamacións.
- Carecer da cartelería preceptiva coa información relativa ao establecemento.
Actividades incívicas
Ás 2’40 horas do domingo, na rúa San Pedro, confluencia coa Rolda da Muralla, un indicativo do Grupo Operativo Nocturno observa a un home, de 32 anos de idade, ouriñando na vía pública, polo que foi identificado, levantando acta por unha presunta infracción.

