Servizos destacados durante a fin de semana do 23 ao 25 de setembro.

Delitos contra a seguridade viaria
- Ás 7:00 horas do día 24 un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á Avenida da Coruña xa que se produciu un accidente no que un vehículo chocara contra un semáforo para peóns, observando os axentes que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,56 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
- Ás 12:00 horas do día 24 do mesmo día unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio intercepta un turismo na rúa Concepción Arenal, comprobando que o seu condutor circula cunha perda de vixencia do permiso de condución por perda total de puntos e por non realizar o curso de reeducación tras sentenza xudicial e quebrantamento de condena tras cumprimento da pena de privación de conducir superior a dous anos, instruíndose dilixencias por DOUS delitos contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
- Ás 21:45 horas do mesmo día unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo intercepta un vehículo na rúa San Roque que realizaba manobras indebidas, comprobando que o condutor presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,75 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
- Ás 2:00 horas do día 25 detéctase nun control situado na República Arxentina un vehículo cuxo condutor ten unha perda de vixencia por perder a totalidade dos puntos do permiso de condución, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
- Ás 5:25 horas do día 25 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo intercepta un vehículo na rúa Mariña Española cuxo condutor presenta signos de acharse baixo os efectos de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,93 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
- Ás 3:30 horas do día 26 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta a condución irregular dun vehículo na Avenida Ramón Ferreiro, observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,86 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
Controis de alcoholemia e drogas
Durante a fin de semana intensificáronse os filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, participando efectivos do Grupo Operativo Nocturno co apoio de equipos de Atestados, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, detectando os seguintes condutores con taxas de alcol superiores ás regulamentarias:
- POSITIVO 0,43 mg/l
- POSITIVO 0,45 mg/l
- POSITIVO 0,34 mg/l
- POSITIVO 0,35 mg/l
- POSITIVO 0,43 mg/l
- POSITIVO 0,47 mg/l
- POSITIVO 0,42 mg/l
A todos eles abríuselles expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.
- POSITIVO 0,52 mg/l
- POSITIVO 0,51 mg/l
- POSITIVO 0,64 mg/l
- POSITIVO 0,58 mg/l
A estes condutores abríuselles expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.
A requirimento dunha dotación do CNP, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo somete ao condutor dun VMP ás probas de detección de drogas no organismo, lanzando un resultado POSITIVO en COCAÍNA, THC - Cánnabiss e ANFETAMINAS, sorprendido conducindo por Paulo Fabio Máximo. Ábreselle expediente sancionador con multa de 1.000 euros.
Auxilio á cidadanía
Sobre as 18:00 horas do día 23 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo desprázase a un edificio da rúa Otero Pedrayo xa que unha persoa de avanzada idade caera no interior do seu domicilio e a súa esposa non era capaz de levantalo. Os axentes achan a esta persoa de 89 anos tirada no dormitorio, sen que se causase dano algún, sendo incorporada polos policías que a deitan na cama, rexeitando asistencia médica.