Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Xoves, 26 de agosto de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Filtro de seguridade viaria

Durante un dos filtros de seguridade viaria levados a cabo polos axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio e da Unidade de Atestados, en horas da tarde do mércores 25, detectáronse e denunciáronse as seguintes infraccións:

  • Un condutor que manexaba o vehículo tras ser suspendido o seu dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores, sen que realizase o preceptivo curso de reeducación e sensibilización viaria.
  • Tres automóbiles que circulaban sen que fosen sometidos á inspección técnica regulamentaria no prazo establecido.
  • Un vehículo que circulaba manexado por unha persoa que non era o seu titular, o cal faleceu hai tempo.
  • Existe a obrigación de dar conta, no prazo máximo de 90 días tras o falecemento, da persoa que se fai cargo do vehículo, xa que é a ela a quen a Administración se dirixirá ante calquera cuestión relativa ao automóbil.
  • Un vehículo que circulaba sen concertar o seguro obrigatorio. Foi trasladado ao depósito municipal de vehículos.
  • Dous condutores que lanzaron resultado positivo nas probas de drogas practicadas: un deles foi positivo en THC (cánnabis) e o outro en COC e OPC(cocaína e opiáceos).

Queixas por ruídos

Á 1:50 horas, os axentes da Unidade de Atestados, que conta con especialistas en medición de ruídos, trasladáronse a un domicilio da Avd. De Magoi, desde onde unha veciña requirira o servizo policial xa que, desde hai bastante tempo, cáusalle molestias o ruído que produce o funcionamento dunha lavadora. Nesta ocasión a requirente esperou a presenza do indicativo policial e facilitoulles o acceso á súa vivenda, desde a cal se efectuaron as oportunas medicións, comprobando que o son que se escoitaba, a pesar de poder resultar molesto a esas horas da noite, non excedía os límites máximos permitidos, polo que se informou á requirentede que habería de solucionar o problema a través da comunidade de propietarios.

Berros en vía pública

Ás 5:10 horas a Sala do 092 comisionaunha patrulla de Policía de Barrio na Praza da Constitución xa que, segundo a chamada dun veciño, están a oírse fortes berros na vía pública, dando a impresión de que se trata dunha discusión de parella. Unha vez no lugar, os axentes realizan unha inspección pola zona e localizan a unha parella que recoñece estar discutindo pero que só foi iso, unha discusión, polo que, ao non existir indicios de ningunha situación que requira a actuación policial, os axentes abandonan o lugar.

Noticias relacionadas