
Detención por delito de violencia doméstica
Na tarde de onte unha patrulla da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda á rúa Tino Grandio, xa que ao parecer hai unha discusión e unha pelexa entre unha muller e un home.
Os axentes trasládanse de inmediato observando como o home atopábase nun estado de agresividade e nerviosismo, que fixo necesaria a súa inmobilización.
No lugar atópase a nai, un irmán e unha testemuña dos feitos, manifestado a nai que o seu fillo ameazáraa esixíndolle que lle dese diñeiro e o fillo desta informa á patrulla que o seu irmán esíxelle diñeiro á súa nai e ao mesmo, ameazándoo de morte, indicando que hoxe o seu irmán agredira fisicamente á súa nai xa que lle esixía diñeiro e non llo deu.
A testemuña pola súa banda relatou aos axentes que observou como o home inmobilizado agredía á señora que resultou ser a súa nai e que ao instante puxo os feitos en coñecemento da Policía Local.
Por todo o relatado procédese á detención do home por un presunto delito de violencia doméstica, sendo trasladado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda.

