Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

  • Tema
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Tráfico
Venres, 24 de outubro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Detención por delito de violencia doméstica

Na tarde de onte unha patrulla da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda á rúa Tino Grandio, xa que ao parecer hai unha discusión e  unha pelexa entre unha muller e un home.

Os axentes trasládanse de inmediato observando como o home atopábase nun estado de agresividade e nerviosismo, que fixo necesaria a súa inmobilización.

No lugar atópase a nai, un irmán e unha testemuña dos feitos, manifestado a nai que o seu fillo ameazáraa esixíndolle que lle dese diñeiro e o fillo desta informa á patrulla que o seu irmán esíxelle diñeiro á súa nai e ao mesmo, ameazándoo de morte, indicando que hoxe o seu irmán agredira fisicamente á súa nai xa que lle esixía diñeiro e non llo deu.

A testemuña pola súa banda relatou aos axentes que observou como o home inmobilizado agredía á señora que resultou ser a súa nai e que ao instante puxo os feitos en coñecemento da Policía Local.

Por todo o relatado procédese á detención do home por un presunto delito de violencia doméstica, sendo trasladado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/comunicado-de-prensa-de-policia-local-de-lugo-24-10-2025