
Detención por delito de atentado a axentes da autoridade
Sobre as 13,30 horas do día de onte unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, é comisionada pola Sala do 092 para que acuda á rúa Otero Pedrayo xa que ao parecer hai unha liorta entre varias persoas.
Os axentes observan a dous homes reducindo a outro que estaba deitado na beirarrúa, manifestando que o inmobilizaban xa que agredira a un deles, descoñecendo o motivo polo cal esta persoa fixérao e que o outro home, ao ver a pelexa, interveu para axudar a este.
Os policías proceden á identificación dos implicados e o presunto agresor négase a identificarse, mantendo unha actitude agresiva, proferindo insultos e ameazas, tratando de agredir a un dos axentes, polo que se procede á detención ao que opón grave resistencia.
Neste momento fai acto de presenza, o que resultou pai do detido, en actitude moi violenta, levantando os puños cara a un dos axentes con intención de agredilo, polo que foi identificado, sendo trasladado o detido a un centro médico, tal era o seu estado de excitación e posteriormente a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias polos feitos descritos, tanto ao agora detido como ao seu pai, para a súa remisión ao Xulgado de Garda.
Auxilio a un menor
A tarde do día 22 de xullo unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, é comisionada pola Sala do 092 para que acuda á Avenida de As Américas xa que, segundo as chamadas recibidas, un neno co torso espido e descalzo está a cruzar a calzada de maneira perigosa, sen supervisión dun adulto.
Os axentes localizan no parque adxacente a un menor descalzo, co torso ao descuberto que encaixa coa descrición dado, sendo auxiliado polos policías aos que lles conta que se lle escapou un balón co que estaba a xogar e foi buscalo, dicindo que está só no parque xa que vive preto e baixou de casa a xogar ao parque.
Os axentes trasladan ao menor ao seu domicilio, sendo recibidos por un familiar que lle informan do sucedido e dos perigos e consecuencias de deixar a un menor sen supervisión por un adulto, manifestando que “non volverá suceder”.
A patrulla policial confecciona o correspondente parte de intervención para a súa remisión á Autoridade competente para os efectos procedentes.

