Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 23 de decembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Detención por presunta agresión sexual

Sobre as 4,10 horas do día 23 de decembro/21 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo que se achaba de servizo pola Ronda da Muralla observa, á altura da Porta do Carmen, a unha muller de 37 anos de idade, espida, que se arrastra pola parte da calzada destinada á circulación rodada.

De inmediato proceden a prestarlle auxilio, observando que se achaba nun estado de gran nerviosismo, perdendo por momentos a consciencia. Proceden a tapala cunha manta térmica e tentan tranquilizala, á vez que solicitan a presenza dunha ambulancia do 061.

Unha vez no lugar e para o seu traslado ao  HULA, dado o seu estado, houbo de ser acompañada para a súa tranquilidade por unha inspectora do corpo, podéndose coñecer que a citada muller estivera “de copas” nun local situado na Ronda da Muralla cun home, que a agarrou polo brazo, que lle preguntaba onde ían e este non lle dicía nada, só tiraba dela do brazo e que non se preocupase, dirixíndose a unha pensión situada na  rúa  Tinería e no seu interior lembra que lle pega na cara e rómpelle as lentes, non lembrando nada máis e tampouco sabe como chegou á rúa espida, solicitándose a presenza do Médico Forense para examinar á vítima.

Unha patrulla de Policía Local trasládase ao local de hostalería onde non tiñan conciencia de ver a dita parella no seu interior e outra patrulla á  rúa  Tinería, onde observan  como un home observaba aos actuantes desde a xanela dunha das habitacións dunha pensión alí situada, chamando ao inmoble e logrando que abrise a porta dita persoa, accedendo á habitación que o mesmo ocupaba, observando ademais que o home citado respondía as características físicas facilitadas pola muller, manifestando  que estivera tomando algo cunha moza loura, coincidindo coa descrición da vítima, o cal carecía de documentación persoal, aínda que se dispoñía doutro tipo de documentos onde constaban os seus datos filiatorios.

Que tras acceder á habitación con autorización desta persoa poden observar, a través dunha xanela que comunicaba cun patio interior, unha bolsa colgada ao exterior que contiña roupa que eran da muller auxiliada en primeira instancia e entre a roupa unhas lentes rotas cuxos cristais foron achados no interior da habitación, recoñecendo o home que estivera coa moza nun local de copas da Ronda da Muralla e posteriormente foran á habitación da pensión e que aí tiveron un “problema”, que a moza saíu correndo e que non soubo nada máis da muller ata que chamaron os axentes á súa porta, non sabendo explicar a existencia da devandita bolsa colgada no tendal exterior da súa habitación.

Que ante tal situación procédese á detención desta persoa, de 22 anos de idade, con residencia no devandito lugar, sendo trasladado a un centro médico para a súa revisión, procedendo os axentes para requirir á dona da pensión para que peche debidamente a habitación para a realización da correspondente inspección ocular por parte de efectivos de Policía Científica e posteriormente conducido a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias polos feitos relatados para o Xulgado de Garda.

Noticias relacionadas