Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 22 de setembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Filtros de seguridade viaria

Durante esta madrugada intensificáronse os controis de alcoholemia en vías do centro urbano, participando patrullas do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo co apoio dunha unidade de atestados do Corpo, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, detectando os seguintes condutores con taxas de alcol superiores ás regulamentariamente establecidas:

  • Rúa Chantada. Condutor detectado por unha patrulla camuflada que lanza un resultado POSITIVO de 0,47 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.
  • Rúa San Roque. Condutor detectado por unha patrulla camuflada. O condutor lanza un resultado POSITIVO de 0,35 mg/l. Ábrese expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.
  • Rúa Mallorca. Condutor que presenta signos de acharse embriagado. É sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 1,02 mg/l, instruíndose dilixencia por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
  • Rúa Río Ser. Nun filtro de seguridade viaria detéctase un condutor que ao ser sometido ás probas de detección alcohólica lanza un resultado POSITIVO de 0,43 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

Accidentes de circulación

  • 9:15 horas do día 21 de setembro. Accidente de circulación en río Ulla. Inicialmente versións contraditorias. Un dos condutores manifesta que estaba parado nun semáforo e é alcanzado por outro vehículo e o outro condutor manifesta que ese condutor dá marcha atrás e choca contra o seu vehículo. Localízanse testemuñas que corroboran a versión deste último condutor, comprobando os axentes que o outro condutor ten unha PERDIDA DE VIXENCIA do seu permiso de condución, formulándose denuncia para a súa remisión á Xefatura Provincial de Tráfico.
  • 14:30 horas. Accidente de circulación na rúa Poeta Curros Enríquez no que un vehículo choca contra outro que se acha estacionado, sufrindo este un desprazamento chocando contra o que está diante estacionado, resultando ferida a condutora do vehículo en circulación que é trasladada por unha ambulancia do 061 ao HULA para a súa valoración médica. (Adxúntase imaxe).
  • 19:35 horas. Atropelo na Avenida de Madrid. Un vehículo que circula pola Rolda de Xosé Castiñeira ao realizar o xiro cara á Avenida de Madrid alcanza a unha peón. A cal é trasladada nunha ambulancia do 061 ao HULA xa que presentaba dor nunha perna.
  • 20:00 horas. Accidente de circulación no Polígono de As Gándaras, resultando con danos materiais dous vehículos. (Adxúntase imaxe).

Multimedia

  • Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo
  • Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas