Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 21 de abril de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Accidente de circulación con delito contra a seguridade viaria

Ás 20:30 horas do día 20 de abril un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á rúaCastelao xa que ao parecer produciuse un accidente de circulación. Os axentes comproban que un turismo, que circulaba pola devandita vía con dirección á Rolda da Muralla, sáese da vía chocando contra un vehículo estacionado, observando que o condutor presenta signos de estar embriagado, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,73 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido. (Adxúntase imaxe).

Localización de vehículo por embargo

Na mañá de onte unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo localizou un vehículo sobre o que pesaba un mandamento de captura e depósito por EMBARGO, sendo trasladado polo servizo de guindastre ao Depósito onde queda PRECINTADO ao dispor do órgano competente.

Auxilio á cidadanía

Sobre as 16:00 horas do día de onte unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, de servizo no barrio da Milagrosa, detecta en Camiño Real a unha persoa de avanzada idade que camiña desorientada, procedendo a auxiliala e trasladándoa ata o seu domicilio onde se fixo cargo dela unha familiar.

Noticias relacionadas