Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 20 de outubro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Árbore en Praza do Campo Castelo

 Durante a mañá do mércores día 19, un indicativo da Unidade Territorial de Policía de Barrio foi comisionada na Praza do Campo Castillo para comprobar a existencia dunha árbore caída no devandito lugar. Os axentes comproban a veracidade da información recibida pola Sala do 092 e xestionan a retirada da árbore, do cal se fai cargo a empresa de mantemento de zonas verdes.

Conato de incendio

Ás 20’10 horas, a Sala do 092 recibe unha chamada informando dun incendio nun edificio da Rampla de Claudio López. Se comisionan no lugar varios indicativos de Policía de Barrio, comprobando que sae abundante fume do garaxe do inmoble, polo que toman as primeiras medidas preventivas para asegurar a zona, requirindo a presenza do Servizo de Extinción de Incendios.

Finalmente púidose pescudar que, aparentemente, tratábase dun defecto no quemador da caldeira, a cal, ante a situación xerada, foi desconectada por un veciño, polo que non foi necesaria a intervención do Servizo de Bombeiros.

Ataque de cans a galiñas

Ás 23’45 horas, os axentes do Grupo Operativo Nocturno foron comisionados nunha vivenda de Santa María Alta, onde dous cans mataran varias galiñas. Unha vez no lugar foron informados pola requirente de que dous cans, dos cales ofrece descrición, mataran a unha das galiñas que se atopaba no exterior da explotación, comprobando posteriormente que desapareceran outras catro galiñas máis.

Os axentes realizaron varias roldas polo lugar, sen que fose posible a localización dos animais agresores, polo que as indagacións para a súa localización continuarán nos días.

Noticias relacionadas