Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 17 ao 19 de marzo de 2023.

Luns, 20 de marzo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Delitos contra a seguridade viaria

  • Sobre as 1,00 horas do día 18 un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á Ronda das Mercedes xa que se produciu un accidente de circulación  no que un vehículo choca contra dous estacionados, dándose o condutor á fuga e sendo interceptado pouco despois por unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local, observando que presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,74 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
  • Ás 12,45 horas do día 18 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta en calle Conde a circulación irregular dun vehículo, que ao ser detido compróbase a través das bases de datos policiais que o seu condutor CARECE DE PERMISO DE CONDUCIÓN por perda de vixencia por condena penal, sendo trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  • Accidente de circulación na rúa Chantada, lugar ao que se despraza un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo, comprobando que interviñeran dous vehículos, rexistrándose danos materiais.

Os condutores foron sometidos ás probas de alcoholemia, lanzando un deles resultado POSITIVO de 0,33 mg/l., polo que se instrúen as correspondentes dilixencias.

Filtros de seguridade viaria

Nos controis realizados na madrugada do sábado día 18 de marzo interceptáronse TRES condutores que lanzaron resultado POSITIVO nas probas de alcoholemia ás que foron sometidos.

  • Rúa Armórica. Condutor que lanza un resultado de 0,60 MG/L, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.
  • Rúa Rei Don García. Condutor que lanza resultado de 0,38 mg/l., abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

En ambos os casos inmobilizáronse os vehículos.

Inspección local de rúa Tui

A tarde do venres día 17 procédese por parte de efectivos da Policía Local de Lugo a notificar á titular dun local de hostalería da rúa Tui, Decreto do Concello polo cal se establece como medidas cautelares a retirada do equipo de reprodución musical e altofalantes, concedéndolle un prazo para levalo a cabo.

O domingo día 19 realízase unha inspección conxunta na que participan efectivos da Policía Local e da Policía Nacional e compróbase que o equipo e os altofalantes foran retirados, sendo advertida a titular que a reinstalación do equipo pode carrexar medidas máis graves, procedéndose a unha inspección do establecemento e levantando as seguintes actas de denuncia por infraccións á normativa de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas:

  • Realización de actividade distinta ao que figura na licenza.
  • Carencia de cartelería relativa a horarios, licenza, aforo máximo, follas de reclamacións, limitacións de entrada a menores e consumo de alcol e tabaco.
  • Mal estado do establecemento, instalacións e servizos.
  •  Incumprimento de medidas e condicións de seguridade e hixiene.

Polos efectivos da Policía Nacional levantáronse dúas actas de denuncia por tenencia de substancias estupefacientes.

Axuda humanitaria

  • Patrullas do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo desprazáronse a un edificio da rúa Río Navia xa que unha persoa de avanzada idade caeuse no interior da súa vivenda e non podía levantarse.
  •  Requírese ao servizo de Bombeiros, que cun camión escaleira accede ao interior do piso por unha xanela, procedendo á apertura da vivenda, achando a esta persoa caída no chan da sala, sendo auxiliada por unha dotación do 061, manifestando que se atopaba ben, rexeitando ser trasladada a un centro médico, localizando a un familiar que se fai cargo dela.
  • Outra patrulla acode á rúa Aquilino Iglesias Alvariño xa que unha persoa púxose en contacto co 092 manifestando que a súa parella caeuse da cama e non era capaz de incorporala.

Os axentes observan a esta persoa que é inmediatamente auxiliada, levantándoa e deitándoa na cama, manifestando que non sufrira dano algún, rexeitando asistencia médica.

Noticias relacionadas